// Está a ler...

Glósima

Glósima

Que e para que?

Glosario+ I+D > Glósima

Este sitio é independente e só obedece aos seus propios intereses.

Pretendemos crear un sistema para a elaboración de terminoloxías que sexa sinxelo e permita a colaboración interdisciplinar e multilingüística.

- Debe ter un sistema de sostemento da comunidade (información e debate)
- Debe ser sinxelo de configurar e soster (o sistema é un medio e non un fin)
- Debe ser adaptable segundo diferentes propósitos e niveis de complexidade
- Debe permitir intercambiar os datos en formatos estándares (especialmente TBX)
- Debe permitir administrar diferentes glosarios dentro do mesmo sistema
- Debe permitir explotar a terminoloxía tanto para consulta como para apoio doutros contidos (dicionario en contexto)
- Debe ser capaz de reunir a información necesaria para a formalización de glosarios tanto en cantidade como en diversidade (media)
- Debe contribuír como ferramenta libre ao desenvolvemento da cultura, especialmente daquelas que por distintos motivos padecen as insuficiencias do "mercado"
- Nesta fase de desenvolvemento concíbese como un módulo para SPIP que é un dos mellores CMS para os propósitos de webs multilingües, non discriminatorios canto á súa accesibilidade e xestión que existen, concibido desde principios éticos e non técnicos e que está apoiado por unha magnífica comunidade que se reúne arredor de SPIP-Contrib. A este respecto o módulo "Glósima" pretende ser unha contribución valiosa para a comunidade.

Para o futuro...

Crear un sistema terminolóxico que poida ser conectable e interoperar con outros, especialmente abrindo camiño nos aspectos conceptuais e utilitarios da/s lingua/s.

PS.

Este web é unha iniciativa de Antón Méixome (méixome)

33.267749-C
r/Home Santo 33
Santiago de Compostela
Galicia

Equipo de de desenvolvedores - Colaboradores:
José Manuel Castroagudín Silva (jchaves)
Leandro Regueiro (leandro)