// Está a ler...

Glosarios

Subversión

Este glosario deriva da tradución de Xosé Antón Rubal sobre o sistema de control de versións (SVN) coñecido como Subversión.

Este artigo debería servir como guía de entrada e comentarios sobre a xestión do glosario en Glósima

Resérvase así o sistema de comentarios de cada entrada para a discusión puramente terminolóxica.

Acceder ao glosario Subversión

PS.

Para este glosario tamén pode ser de interese recuperar o fío de lista seguinte

https://roldas.g11n.net/g11n-mancom...

Comentarios

2 Mensaxes do foro

  1. Dubidas no uso dos glosarios de Glósima

    Teño algunhas dúbidas con respecto ao uso do glosario. En primeiro lugar, sobre a propia estrutura dos glosarios, que non encontro documentada. Segundo eu entendo:

    1. Un glosario é unha lista de conceptos

    2. Cada concepto pode ter asociado, para cada lingua, unha definición e unha tradución

    3. A definición intenta expresar o significado do termo no contexto ao que se refire o glosario

    4. A tradución fixa a equivalencia na lingua correspondente

    Supoñendo que as definicións anteriores son correctas, as miñas preguntas son:

    1. Como engadir un concepto ao glosario? Entendo que hai que acceder á zona privada e unha vez que nos situamos na lista de conceptos do glosario, empregar o formulario do final da lista, pero non encontro ningunha caixa de texto onde poder introducir o concepto.

    2. Con respecto ás traducións, cal é o uso normal do ’estado’ e a ’razón’? En particular, para a lista inicial de propostas, estado = en debate, razón = recomendada?

    por Rubal | 19 de novembro do 2009, 19:15
  2. Subversión

    Corríxoche:

    1. Un glosario é unha lista de conceptos

    2. Cada concepto pode ter asociado, para cada lingua, unha definición e varias traducións. De feito debe ter algunha definición nalgún idioma, e sería tamén imprescindible algunha tradución (isto último é discutible).

    3. A definición intenta expresar o significado do concepto: non confundir a palabra co concepto. O exemplo típico é o do dicionario: nun dicionario tes unha serie de entradas con un ou varios significados, onde cada significado é un concepto, e como para cada significado pode ter un sinónimo entón o concepto pódese traducir usando todas esas palabras sinónimas (non sei se me explico ben)

    4. A tradución pode fixar a equivalencia na lingua correspondente. Tamén podemos poñer traducións prohibidas: castelanismos, lusismos...

    Supoñendo que as definicións anteriores son correctas, as miñas preguntas son:

    1. Como engadir un concepto ao glosario? Entendo que hai que acceder á zona privada e unha vez que nos situamos na lista de conceptos do glosario, empregar o formulario do final da lista, pero non encontro ningunha caixa de texto onde poder introducir o concepto.

    Resulta que ao meter o concepto non se mete ningunha tradución, nin definición, nin nada. É un erro que habería que resolver na interface, xa que ao crear un concepto evidentemente xa tes unha definición en mente, e pode que algunha tradución (no noso caso é seguro que xa temos polo menos unha tradución ao inglés), así que ademais de facer o que xa fai agora tamén debería obrigar a introducir unha definición (polo menos) e unha tradución (polo menos, aínda que isto é discutible).

    2. Con respecto ás traducións, cal é o uso normal do ’estado’ e a ’razón’? En particular, para a lista inicial de propostas, estado = en debate, razón = recomendada?

    As traducións teñen dous estados, e unha razón. O estado de procesamento é para indicar se a información relativa a esa tradución xa se considera fixada, é dicir, que non se vai tocar máis esa tradución nin ningunha da información da tradución. O estado administrativo (por chamarlle dalgún xeito) indica se a tradución está recomendada, desaconsellada ou prohibida (no caso de fiestra, xanela e ventá a idea é que usemos só unha desas traducións, que sería a recomendada, e as outras estarían desaconselladas, aínda que sexan totalmente correctas). A razón aplícase só ao caso de que a tradución teña estado prohibida, e algunhas razóns poden ser: castelanismo, lusismo, anglicismo, barbarismo...

    por leandro | 20 de novembro do 2009, 13:42

Responder a este artigo